Servizos Web

Ademais dos servizos básicos, o servidor dedicado de Arredemo divídese en Leiras de distintos tamaños e posibilidades onde as socias e socios poden aloxar webs individuais e colectivos cun amplo abano de xestores de contidos de fácil instalación. Usa este nome de usuario, "xdemo", e este contrasinal, "xdemo", para ver as demos que se indican.

  • Micro Leira: Ata 300Mb*6Gb - 50 € Ano.

    Poderán acollerse a esta opción as socias e socios, individuais ou colectivos, que desexen dispor dunha Leira no servidor de pequeno tamaño, con 300Mb de espazo e 6 Gb de transmisión mensual, óptima capacidade operativa, bases de datos MySQL, cpanel gráfico, servizos de chat e correo, ftp, e a posibilidade de instalar toda unha serie de xestores de contidos e outras ferramentas web con a penas un click a través do programa Fantástico. Os sitios serán ligados desde o portal de Arredemo como parte da súa comunidade virtual.



  • Leira: Ata 600Mb*8Gb - 60 €.

    Poderán acollerse a esta opción as socias e socios, individuais ou colectivos, que desexen dispor dunha Leira no servidor de tamaño medio, con 600Mb de espazo e 8 Gb de transmisión mensual, óptima capacidade operativa, bases de datos MySQL, cpanel gráfico, servizos de correo, chat e ftp e o programa Fantástico. Formarán parte da comunidade web de Arredemo a mais de contar con espazos publicitarios propios.



  • Super Leira: Ata 1Gb*10Gb - 80 €.

    Poderán acollerse a esta opción as socias e socios, individuais ou colectivos, que desexen dispor dunha Leira no servidor de grande tamaño, con 1Gb de espazo e 10 Gb de transmisión mensual, óptima capacidade operativa, bases de datos MySQL, cpanel gráfico, servizos de correo, chat e ftp e o programa Fantástico. Formarán parte da comunidade web de Arredemo a mais de contar con espazos publicitarios propios.




Asistencia na xestión e o deseño de webs

De xeito gratuito, a Asociación ofrécelle a todas as socias e socios con leira a asistencia técnica básica na instalación e arranque dos webs e axuda en liña para calquera dúbida ou problema na posta en marcha dos sitios. Mais asemade, é posíbel solicitar o deseño e a xestión dos webs desde a Asociación a partir de varios modelos básicos. A rede ofrecerá este servizo, orientado fundamentalmente a proxectos de cooperación entre socias e socios e con outros colectivos non asociados, cun orzamento específico a ser tratado en cada caso.

Responder

Resolve a operación e escrebe o resultado. Por exemplo si é 1+1, escrebe 2.
Disculpa a molestia pero esto axudarános a manter o sitio limpo de SPAM
O contido deste campo é privado e só se amosará publicamente entre a comunidade.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Os saltos de liña e párrafo créanse automaticamente.

Máis información acerca das opcións de formato