A pouco máis dun mes para a decisiva xunta de accionistas que con certeza case absoluta afastará definitivamente a Isaac Díaz Pardo do grupo Sargadelos cesándoo como conselleiro delegado do IGI, último reducto do intelectual, artista e empresario galeguista, un novo manifesto en rede asinado por máis de novecentas persoas volve erguer a voz contra semellante inxustiza histórica e social. Súmase así este manifesto a diferentes iniciativas que se están a pór en marcha para apoiar a Isaac Díaz Pardo perante a xunta de accionistas prevista para o día 23 de Xaneiro. Permanece aberta tamén a conta de correo onde podes expresarlle directamente a túa solidariedade e apoio: www.escribelleaisaac.info
Transcribimos o manifesto, ao que te podes aderir a través deste enderezo de correo: xmavera@hotmail.com
SE CALAMOS SEREMOS CÓMPLICESDende hai un tempo estamos asistindo a unha operación empresarial pola que se aparta a Isaac Díaz Pardo, da toma de decisións de Sargadelos, relegando así a aquel que fora alma mater e fundador das fábricas de Sargadelos e O Castro, creando con Luis Seoane ese emporio cerámico e cultural e converténdoo en sinal de identidade de Galicia. Falar de Sargadelos e O Castro é lembrar a labor dos exiliados, da unión da empresa e a cultura con base na tradición e o compromiso; é falar do home que traballou para manter a memoria da guerra e a represión cando ninguén o facía, da recuperación dos escritores que andiveron lonxe e remataron acollidos ao redor desa casa común, pero tamén dun home a quen sempre vimos traballando, facendo todo tipo de labores pois de ningunha delas se avergonzaba, e tanto cargaba paneis de exposicións na subida ao Museo do Pobo Galego, como deseñaba mobles e pergueñaba edificios que se recoñecen como seus. Neste momento, falar de Isaac é facelo de alguén traizoado polos seus -en palabras de Avelino Pousa Antelo- e Díaz Pardo debe ser o orgullo de todos os galegos de ben, moitos xa publicaron os seus escritos, outros fanlle homenaxes,... pero non debemos calar ata que se faga xustiza. ¡COMO CALAR...!
1. Ante o silencio público mesturado con informacións confusas.
2.Ante as institucións públicas que semellan mirar para outro lado.
3.Ante o paradoxo de que quen máis fixo pola recuperación da memoria histórica se atope en situación de silenciado neste momento de leis e anos conmemorativos.
4.Ante unha actualidade na que semella que o mundo da empresa establece os valores (o novo Sargadelos) e non hai ninguén que encabece a masa crítica desta sociedade civil disposta a defender a este home pero tamén a unha empresa que ha de estar por riba dos accionistas por ser xa case unha institución.
5.Ante a caída en picado dunha empresa que acaba de vender a súa tenda en Milán e vai facer outro tanto en Lisboa, cando nos representa a todos e non podemos deixar ao dispor duns accionistas que non se dan conta, de que o que se traen entre mans é algo que os galegos e galegas sentimos coma un proxecto cultural, unha representación do país que só pode ser de Isaac Díaz Pardo e de todos nós.
Por isto, necesitamos que alguén poña sentido no mundo empresarial, coloque os cartos no seu sitio e lidere este movemento de vontades para restaurar a xustiza cun dos nosos homes máis ilustres, cos mortos que o acompañaron neste empeño e co que hai de Galicia nese proxecto. Pedimos axuda aos avogados dispostos a argumentar e tramitar os papeis necesarios, aos políticos e deputados para xestionar as maneiras de resolver este conflito, aos intelectuais para opinar diante dos micrófonos e xornais, aos consumidores para demostrar o seu valor, é dicir, que cadaquén faga o posible para abrirlle os ollos á xustiza e poñer a cada un no seu sitio. Se seguimos calados seremos cómplices da inxustiza que se está realizando con Isaac Díaz Pardo e coa memoria cultural de Galicia. Tal vez teñamos que dicir que Isaac somos todos e todas nós defendendo, de novo a dignidade.
En Compostela a principios de decembro do ano 2007

Solidaridade con Isaac Díaz Pardo
Solidarizome cos firmantes deste manifesto. É indignante o que se está facendo con Isaac Díaz Pardo. Eu sempre admireí a súa obra e non creo que nada xustifique que se despoxe a unha persoa que dedicou toda a súa vida a esta empresa de todo o que el creou.
Si los Santiago Sineiro y
Si los Santiago Sineiro y Cia fueran listos le harían un monumento a Díaz Pardo a la entrada de Sargadelos, y hasta un museo. O se creen que podrán cargar con la losa de ser los que se cargaron a Diaz Pardo?
Sargadelos
Yo ahora cuando voy a comprar una pieza de Sargadelos pienso en que las ganancias irán para esa gente y me "echa pa tras"
Inxustiza
Estamos asistindo a unha inxustiza histórica. O tempo deixará a cada un no seu lugar. Isaac, o artista e intelectual capaz de desenvolver un proxecto industrial e cultural ambicioso que foi e será referente dun modelo empresarial ético. E os outros, aqueles que renegaron do maestro para gañar máis cartos e que serán os que acaben ca empresa, pasando a historia como exemplo do ruin que pode chagar a ser o home.
Todo o que está sucedendo
Todo o que está sucedendo con Sargadelos é lamentable. O desmatelamento do proxecto cultural: acoso ó IGI, peche da galería de Milán, cese da actividade editorial, da do Seminario de Sargadelos, supresión dos encontros de verán... deixa clara a liña dos seus novos dirixentes. Liña orientada a eliminar todo o que non sexa productivo e evidenciadora da catadura moral dos seus artifices, como o evidencian medidas tan "elegantes" como a supresión de toda referencia á figura de Isaac na páxina web da empresa (salvo na versión en inglés, na que se lles escapou), ou o envío de anonimos (¡qué clase!) a todos aqueles que defenderon a Isaac
En defensa de Isaac Díaz Pardo
Parece que exista una maldición sobre los artifices de un projecto tan valioso para Galicia como es y fue Sargadelos. Como ya le sucedió a su antecesor el Marqués de Sargadelos, Isaac Diaz Pardo está siendo víctima de la incomprensión de aquellos representantes de la incultura popular que, movidos por la envidia y la incomprensión intentan acabar con una personalidad que les supera en todos los aspectos. Si antes fue el pueblo, ahora son aquellos que se desarrollaron profesionalmente junto a Diaz Pardo y a quien deberían mostrar respeto y agradecimietno, los que demostrando una enorme insensibilidad y falta de ética, traicionan al que es el alma y la esencia de Sargadelos.
ISSAC DIAZ PARDO
Perdoademe e meu mal galego,sendo de Ferrol e vivindo en Catalunya sento a politica que vai a conquerir Sargadelos con Issac,home que conocin persoalmente na sala Sargadelos de Ferrol na presentacion das memorias de Santiago Carrillo.Asemesmo lembrar as terras fermosas da mariña,que eu tanto recomendo a os catalans,donde asentase a fabrica de Sargadelos,fabrica que teño visitado en numerosas ocasions,estilo de complexo febril que recoñe toda esencia do que non debe ser o capitalismo salvaxe,donde Issac coa a sua bata de traballo se lle ve a o longo dela no dia a dia