Se vos queredes asociar na Rede de Acción Socio-Cultural, tanto a título individual coma colectivo, podedes facelo en liña ou ben en persoa no local social, na Rúa Santa Clara, 21, 1º, en Santiago. Ou ben, cun pouco de paciencia, a través do teléfono da Asociación: 651367852.
Como socias ou socios de Arredemo, alén de participar e colaborar no mantemento do portal de comunicación socio-cultural, podedes acceder a distintos servizos, que describimos de seguida.
Aloxamento no servidor de Arredemo de webs persoais ou colectivas con óptima capacidade operativa e facilidade de instalación de recursos web. E-mails, listas de correos, contas ftp, etc... Ver Servizos WebDeseño e xestión de páxinas web para proxectos cooperativos entre socias e socios individuais ou colectivos. Ver Servizos WebFaiado. Almacén de arquivos dixitais xestionado a través do Portal a disposición de socias e socios, de xeito directo e con facilidades de uso.Servizos de xestión administrativa. Os socios e socias que o desexen poden empregar a estrutura legal da asociación para o desenvolvemento e captación de recursos dos seus propios proxectos, previa estipulación dos gastos de xestión e aceptación do orzamento pola Xunta Directiva.Publicidade e promoción a través das distintas seccións do portal das actividades e proxectos das asociadas e asociados.Difusión e libre distribución de materiais propios das asociadas e asociados nos distintos formatos (música, fotografía, audiovisual, etc...).Uso do material técnico de Arredemo para o desenvolvemento de proxectos propios dos asociados (cámaras dixitais, gravadoras de audio e vídeo, tarxetas de son, programas de edición en software libre, ordenadores, etc...).Prioridade na contratación de servizos por parte da Rede de cara ao desenvolvemento dos distintos proxectos, tanto como participantes directos ou como provedores.Cursos de formación en novas tecnoloxías web , orientados a colectivos e asociacións sociais e culturaisA participación gratuíta , ou a prezo reducido segundo os casos, nas actividades artísticas, lúdicas e festivas organizadas pola Asociación.Descontos nos produtos da Asociación: libros, DVD´s, camisolas, etc...
O terceiro proxecto do portal, Arredemo 3.0, toma como premisa garantir e acrecentar a calidade dos servizos ofrecidos a socias e socios e ao público galego en xeral. As seccións nas que se estrutura son as seguintes.
-
Servizo de Novas. Información xeral sobre o mundo socio-cultural galego e temáticas de actualidade ou interese para a comunidade (sociedade, cultura, arte, activismo, novas tecnoloxías, etc...). De edición aberta a cargo dos propios usuarios do portal. Servizo de multiblog. -
Axenda Socio-Cultural. Información sobre eventos, actividades e accións dos colectivos asociados. -
Letras de Balde. Editora baixo licenza de libre distribución. Distribúe obras orixinais de novos escritores galegos de xeito gratuíto. -
Radio Arredemo. Radioblog con programación e descargas da nova música galega. -
HQB Filmes. Editora baixo licenza de libre distribución. Distribúe novo material audiovisual galego (curtametraxes, videocreación, documentais, etc...) de xeito gratuíto a través da rede. -
Faiado. Fondo de arquivos e recursos do portal a disposición dos socios e socias e do público en xeral con materiais de tipo formativo, técnico ou documental. Textos sobre cultura e software libre, metodoloxía asociativa, normalización lingüística, e calquera material útil no eido socio-cultural.
Ademais dos servizos básicos, o servidor dedicado de Arredemo divídese en Leiras de distintos tamaños e posibilidades onde as socias e socios poden aloxar webs individuais e colectivos cun amplo abano de xestores de contidos de fácil instalación.
Usa este nome de usuario, "xdemo", e este contrasinal, "xdemo", para ver as demos que se indican.
-
Micro Leira: Ata 300Mb*6Gb - 50 € Ano.Poderán acollerse a esta opción as socias e socios, individuais ou colectivos, que desexen dispor dunha Leira no servidor de pequeno tamaño, con 300Mb de espazo e 6 Gb de transmisión mensual, óptima capacidade operativa, bases de datos MySQL, cpanel gráfico, servizos de chat e correo, ftp, e a posibilidade de instalar toda unha serie de xestores de contidos e outras ferramentas web con a penas un click a través do programa Fantástico. Os sitios serán ligados desde o portal de Arredemo como parte da súa comunidade virtual.
-
Leira: Ata 600Mb*8Gb - 60 €.Poderán acollerse a esta opción as socias e socios, individuais ou colectivos, que desexen dispor dunha Leira no servidor de tamaño medio, con 600Mb de espazo e 8 Gb de transmisión mensual, óptima capacidade operativa, bases de datos MySQL, cpanel gráfico, servizos de correo, chat e ftp e o programa Fantástico. Formarán parte da comunidade web de Arredemo a mais de contar con espazos publicitarios propios.
-
Super Leira: Ata 1Gb*10Gb - 80 €.Poderán acollerse a esta opción as socias e socios, individuais ou colectivos, que desexen dispor dunha Leira no servidor de grande tamaño, con 1Gb de espazo e 10 Gb de transmisión mensual, óptima capacidade operativa, bases de datos MySQL, cpanel gráfico, servizos de correo, chat e ftp e o programa Fantástico. Formarán parte da comunidade web de Arredemo a mais de contar con espazos publicitarios propios.
De xeito gratuito, a Asociación ofrécelle a todas as socias e socios con leira a asistencia técnica básica na instalación e arranque dos webs e axuda en liña para calquera dúbida ou problema na posta en marcha dos sitios.
Mais asemade, é posíbel solicitar o deseño e a xestión dos webs desde a Asociación a partir de varios modelos básicos. A rede ofrecerá este servizo, orientado fundamentalmente a proxectos de cooperación entre socias e socios e con outros colectivos non asociados, cun orzamento específico a ser tratado en cada caso.
Segundo os servizos aos que queirades acceder, e o tipo de socio, individual ou colectivo, existen distintas cotas de carácter anual, que poden ser satisfeitas en liña, por ingreso en conta ou no local social da Asociación, previa aceptación da alta de asociado ou asociada.
-
Servizos básicos Comprende todos os servizos agás o aloxamento, o deseño e a xestión de webs.
- Socia e Socio Individual: 30 € Ano.
Calquera persoa que queira colaborar, participar, usar os recursos da asociación ou manterse informado dos proxectos que se leven a cabo.
- Socio Colectivo: 40 € Ano.
Colectivos ou empresas artísticas e socio-culturais con ánimo de colaborar, participar ou manterse informado dos proxectos que se leven a cabo. Como no caso das socias e socios individuais, os socios colectivos terán as mesmas prioridades, e terán ademais espazos de publicidade directa e de axenda das súas actividades dentro do portal de Arredemo e doutras páxinas aloxadas no dominio da asociación.
-
Servizos web As socias e socios que opten por algún dos servizos web ao seu dispor poden escoller entre as seguintes cotas anuais
- Socia e Socio Individual con Micro Leira: 80 € Ano.
- Socio Colectivo con Micro Leira: 90 € Ano.
- Socia e Socio Individual con Leira: 90 € Ano.
- Socio Colectivo con Leira: 100 € Ano.
- Socia e Socio Individual con Super Leira: 100 € Ano.
- Socio Colectivo con Super Leira: 120 € Ano.


e o nº de conta.
Como é que nom pedides o número de conta?, nom entendo mui ben o sistema de afiliaçom.
O Número de conta
Cando te fas socio/a todolos datos necesarios, (Número da conta, datos para pagar via pay-pal, contrasinales de usuario/a para a web da asociación, etc.) envíanse en pouco tempo por correo electrónico.
Saúdos
Non existe o teléfono
Gentinha, mirade o teléfono que colgáchedes porque tentei chamar para sociarme e saiu a repunante voz da androide dizéndome "nom existe ningún teléfon com esse número".
Correxido
Coa mudanza de teléfono esquecemos o pormenor, e xa está correxido. Obrigados polo aviso