Adeus ao Mon

Con fondo pesar recibimos a nova do falecemento do noso compañeiro Mon, Ramón Torres Freitas, nun accidente de tráfico en Sanxenxo o pasado luns día 27 de Agosto. Mon, natural de Pontevedra, era un activo membro de Burla Negra e Arredemo e como activista e deseñador gráfico participou en boa parte das accións e iniciativas de ambos colectivos e do movemento social galego, sendo autor, entre outros deseños, da imaxe gráfica de Hai que Botalos e do portal de comunicación de Arredemo. Desde aquí, os seus compañeiros e compañeiras queremos renderlle homenaxe e testemuñarlle á súa familia a nosa dor e tristeza pola perda irreparable do noso amigo e irmán con palabras do Celso Emilio, o gran poeta civil de Celanova. Boa viaxe, compañeiro!!

SPIRITUAL

Cicais mañá
cando a miña mirada
non abrolle na luz
como cativa mapoula de auga,
veña a soedade.
Pero hoxe canto en libertá
e mentras canto
non estou isolado,
que o corazón vai comigo
e con il falo.
Beberei a paisaxe
nun amencer de lirios.
As campanas do mar
nos ventos fuxidíos.
Cada intre un paxaro,
cada pulso un latexo.
Unha espada de chuvia
cortando a frol do vento.
Nin as olladas torvas,
nin os beizos esquivos,
nin as voces nemigas
nin os homes cativos.
Vivirei coma o lume
alcendido na noite.
Terei cumios de estrelas,
cantarei para os homes.
Estou comigo mesmo.
O corazón é quen manda,
i eu obedezo.

esa claqueta de cinema, que

esa claqueta de cinema, que ti diiseñaches, marcou o berro de ACCIÓN na película mais emocionante da nosa historia.
no troquel da creación colectiva ti fuches un compañeiro imprescindible...e botámolos!
...pero mais che imos botar en falta a tí, meu amigo.

P.D.
ese pin, cravouse no meu corasón como unha espiña, e deixarei que enquiste.
como fan algunhas ostras aniñando perolas preciosas.
boa viaxe Mon

triscadelas para o Mon

hai persoas que se coñecen tarde, ou xusto no intre adecuado. ti xa apareceras antes, pero foi despois, neses meses de traballo xuntos, onde estabas máis presente. lémbrote, sempre con retranca, berrándolle ó Miguel pola ventá da asociación "é mellor pra tiiiiiiiii". lémbrote o día aquel que baixei ate Pontevedra gravar a eses repuntantes de alcaldes fascistas, e ti viñeches, para que Naza e mais eu non estivéramos soas entre tanta mala calaña. e marchaches despois. e me dixeches que estreabas piso, que a ver cándo iamos facerche unha visita (que nunca fixemos). lémbrote cos teus pantalóns e chaqueta vaqueira, as túas camisetas chulas, o sorriso discreto e sincero. e ese tic de pechar os ollos. lémbrote na presentación do libro de Meixide, a última vez que nos vimos, e falabas das oposicións, e me dabas unha aperta forte e me chamabas artista. e ese mail que non dou atopado cando viches o nóso video e che gustou tanto que escribiches. e foi bonito lerte. os amigos que nunca ves pero están. unha piña. eras dos que sempre colaboraban, dos que nunca pedía cousas a cambio, dos discretos, dos humildes, dos retranqueiros. e perderte é un pau duro. e toda a semana pensei en ti. o único bo de cando alguén marchar e decatarse do pouco tempo que estamos aquí, de todo o que temos que aproveitar, antes de que as cousas fuxan, esvaren, desaparezan. téñoche presente. e chorei moito. pero o día do teu enterro, vin aquel tren trenciño de turistas en Pontevedra que cruzou o adro da igrexa, pouco antes de que chegara o coche fúnebre, e por un intre pareceume cómico, e pensei que che gustaría un sorriso, pequeno, unha triscadela de complicidade. marchaches e o buraco é fondo. bótote en falta, pénsote e sorrío triste. e aproveito nestes días para dicirvos a todos os compañeiros da Burla o moito que vos aprezo, o moito que tamén vos pensei case calada ó completo. mais aquí. sempre aquí. vémonos no camiño, amigo. compañeiro.

PASSAREMO-LO ben SEM TI

Hai que foder-se.
A vida é assim.
Nom somos nada.
Como foi?
O das motos é unha vendida,
alomenos num coche . . .(?)
Agora que lhe ia tam bem
Porquê a ele?
Nom é justo!!
Levaremos-te sempre no nosso corazón
Botaremos-te de menos
Que a terra te seja leve companheiro
Como a ele lhe gostaria
Há tantas PALABRAS OCAS
que rebumbiam contra as paredes sen repostas
expresións feitas que . . .
fagho eu outra:
PASSAREMO-LO ben SEM TI
PASSAREMO-LO
Umha aperta para todas as persoas que o perdemos.

Até pronto

Até pronto Roxomalo.
Graças po-lo teu recordo. Fuches um mais, a caróm dos humildes e nenguneados. O teu povo. Fuches um mais a tumbar ao velho feixista. O maldito. I es, e serás um mais a aportar a tua criatividade incontenível, o teu ânimo, a tua sorna, o teu exemplo na nossa luita comúm... Sos Courel, Reganosa, Mausoleu da Cultura, Bouças, Quilmas, Encrobas, arde Galiza, Massó, a marbelhizaçom, os campos de golf, as touradas... Ence.
Diziamo-lo cada vez que nos viamos. Hai que dar-lhe canha! Hai que juntar-se! Hai que bota-los. A estes também. Voltamos à cárrega.
Queremos-te meu.

Unha gran persoa

Eu fun compañeira de Mon, unha persoa excepcional. Cariñoso, traballador, xusto, simpático... son mil cousas que poderían dicirse de Moncho. Pero a máis importante, que non era un ser humano convencional. Era moi especial. O meu cariño máis grande e a miña homaxe máis sentida. Moncho, quérote.

"And in the end, the love

"And in the end, the love you get
is equal to the love you give"

non esquecemos, compañeiro.

gracias por todo Monchiño o

gracias por todo Monchiño
o camiño foi corto pero inolvidable
sempre estarás connosco

Seguirás estando con todos tus amigos....

porque el vacio que dejas en todos ellos es tan grande, que sé, que estarás ocupandolo aunque no te veamos.
Un abrazo amigo tronos.

Grazas a todos polas vosas

Grazas a todos polas vosas palabras de cariño