Aduaneiros sem Fronteiras veñen de fechar o seu site, nave senlleira do humor gráfico galego, tras ser conminados polo avogado de Yolanda Castaño a retirar o deseño gráfico "Tu Quoque Iolanda?" e os comentarios adxuntos. Co feche anunciado a través dun comunicado os Aduaneiros sem Fronteiras pretenden chamar a atención sobre a pretensión da poetisa de xudicializar o seu dereito á liberdade de expresión. O deseño en cuestión era unha montaxe interactiva onde se podía mudar de aspecto un maniquí da escritora e presentadora, e tamén se criticaba o seu posicionamento no afastamento de Isaac Díaz Pardo da dirección do grupo Sargadelos. Como é sabido, tras participar en varios actos de apoio, Yolanda Castaño aceptou a dirección da nova galería do grupo na Coruña, oferta realizada pola nova dirección, o que foi daquela xa interpretado por moitos sectores culturais como unha traizón e unha hipocrisía.
Postos en comunicación cos compañeiros de Aduaneiros sem Fronteiras, puidemos saber que o avogado da poetisa, Pablo Carvajal de la Torre, envioulles dous e-mails nos que os conminaba a retirar en breve prazo de tempo tanto o deseño gráfico, para o que segundo os asesores legais consultados a penas existe base legal, como os comentarios, que si poderían ser obxecto de argumentación xurídica malia a expresa declaración de non se responsabilizar dos comentarios verquidos polos visitantes da páxina.
Desde a Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo, como non podía ser doutro xeito, expresamos a nosa solidariedade cos nosos compañeiros e a nosa admiración polo traballo desenvolvido durante estes anos a prol da "autocrítica da razón galega", recoñecido incluso con varios premios e mencións e por constante un éxito de público, e facemos noso o seu lema: Ad Augusta per Angosta.


Entre o humor e a aldraxe...
Eu tamén son aduaneira - e muller de letras. Polo que coido que dou distinguido a sátira e o humor do insulto e a aldraxe. Se non me traizoa a memoria, moitos comentarios sobre a Sra. Yolanda só podían ser clasificados no segundo grupo.
Entendo que esta muller esperte antipatías, envexas, carraxe, luxuria, úlcera gástrica ou o que for a cadaquén. E entendo que a rede é libre, como a expresión, que non respeta alfándegas. Mais se se considera un pedófilo a un que carrega videos desas características na rede, tamén se debería considerar un difamador a alguén que insulta na rede.
Disimulen os escrúpulos, meus amigos, pero coido que os blogues e as páxinas webs non deberían protexer a aqueles que devecen por converter o anonimato en inmunidade e impunidade.
O gráfico sobre Yolanda era ben chusco - pero se navegaron por augas profundas dnestes últimos meses decataríanse de que o que se fai na rede con esta muller ás veces linda co ciberlinchamento.
Aduaneiros
A minha inteira solidariedade para os Aduaneiros. Muito vou sentir a sua ausência na rede mas compreendo as suas motivaçons
que pouco humor
Si unha persoa non é capaz de asumir as consecuencias dos seus actos non me merece moito respeto.Non sabía que ía recibir moitísimas críticas por pasar de apoiar a Díaz Pardo a darlle a puñalada?Si a maior crítica que recibeu foi a de ASF vaia por Deus!!!Teño unha pregunta para Yolanda, que pensara do secuestro do "Jueves".Pode que estea a favor da liberdade de expresión ou estará dacordo en que non se pode facer mofa dalgunha persoas?Voullo preguntar no correo da súa web: www.yolandacastano.com Con educación.Cada un ten os seus motivos, supoño...
cautelosamente digo
tende coidado, xa sabedes que agora o dos comentarios trae perigo. nin Fraga nin ningún outro poideron pechar Arredemo, pero vendo as influencias desta tipiña... quén sabe! coidado arredemos, coidado... la que fundará dinastías nos vigila!