A Per Loca Marítima é un proxecto nacido hai dous anos e medio da man do colectivo Avante Costa da Morte, ao que se foron sumando colectivos e iniciativas como Komunikando.net, o colectivo de músicos Per Loca Musical, o Departamento de Historia Antiga da USC, ou a propia rede Arredemo. O proxecto ten por finalidade a recuperación da antiga vía romana do mesmo nome como espazo socio-cultural desde o cal reivindicar o patrimonio arqueolóxico e a creación artística galego-portuguesa nunha rota que abrangue desde Braga a Lugo.
