Ola a todos e a todas e benvidos a esta nova etapa da rede de acción sociocultural Arredemo co novo portal de comunicación que tedes aquí ao lado.
O primeiro de todo, agradecer aos xa socios a súa confianza e convidar aos que ainda non tramitáchedes a vosa asociación a que o fagades canto antes.
En breve faremos públicas as conclusións do Foro Negro do pasado 19 de xaneiro e faremos operativas as altas como usuarios rexistrados no editor www.arredemo.com.
O Galicia está agora en fase de distribución. En breve publicaremos en www.arredemo.com a listaxe cos puntos de distribución nos que xa podedes atopalo. Se desexades colaborar facendo chegar ao voso entorno o xornal podedes facelo solicitando exemplares en galiciaxornal@arredemo.info.
Tamén por cuestións operativas, e de cambios no portal asociativo, convidamosvos a vos asociar imprimindo, cubrindo e enviando por correo postal á oficina da ASC Rede de Acción Sociocultural Arredemo, o boletín que vai adxunto a esta nova.
Grazas pola paciencia, e alá vamos.
